Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2017

Ata a volta!!

Imaxe
Nestes últimos días os nenos e nenas do grupo de 6º de primaria estiveron argallando un obradoiro de trofeos para facer a entrega este xoves 21, como despedida do trimestre. Elaboraron premios moi orixinais: ao mellor compañeiro/a, ao máis divertido/a, o máis participativo/a... Por outra banda o grupo de 5º de infantil disfrutou dunha entretida sesión de contacontos. Esperamos que pasedes un Nadal estupendo e vémonos á volta!!!!!!!!

Chegou o Nadal

Imaxe
Ca chegada da época navideña os nenos e nenas do grupo de sexto de infantil elaboraron unhas campaniñas para colocar na árbore das súas casas. Pola súa banda, no grupo de 3º de primaria están a facer tarxetas para intercambiar cos compañeiros e compañeiras. Xa queda pouquiño para que chegue o Nadal!!!

Benvid@s!!!

Imaxe
Con moitas gañas arrancamos este blog, do comedor escolar do colexio a Maía, no que iremos amosando algunhas das actividades e xogos levados a cabo polos nosos/as nenos e nenas. Nestes meses tivemos tempo para irnos coñecendo entre nós, para coñecer novos sabores e , sobre todo para xogar moito. Para comezar deixámosvos algunas fotos das recetas que están elaborando os nenos/as de 4º de primaria ca colaboración das súas familias coas que faremos un libro para compartir. Ademais o grupo de 2º de primaria recibe o nadal facendo uns orixinais arboliños con material de refugallo. Ata pronto!!!