Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2018

Sen parar de xogar!!!

Imaxe
A semana pasada non dudamos nin un intre en aproveitar o bo tempo. Por iso moitos grupos, entre eles o de segundo de primaria, sairon a facer xogos de relevos, xincanas e variadas probas. Foi moi divertido!! Pola súa banda, os/as máis peques do comedor estiveron falando da emoción do amor, esencial para a creación dos nosos vínculos afectivos e necesarios para un crecemento emocional sano.

Un buzón cheo de ilusións

Imaxe
Un debuxo feito con ilusión e agarimo pode ser un gran agasallo. Por iso, aos grupos de infantil, chegou, nestes días, o buzón das ilusións, no que os nenos e nenas van gardando variados debuxos feitos por eles/as para que, despois, sexan repartidos, de maneira que cada un deles e delas teña un recordo doutro compañeiro/a.

Celebrando o Entroido

Imaxe
O Entroido e unha época marabillosa para celebrar cos nenos e nenas. Por iso nestes días, en variados grupos, tiveron obradoiros adicados a estas datas tan especiais.  Ademais tamén desfrutaron de diversos bailes e xogos musicais. Ata o volta! Desfrutade das vacacións!!!!

Conmemoración do día da Paz

Imaxe
Nesta semana os diferentes grupos celebraron o día da paz con diversas actividades para recordar a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade e a non violencia. Nos grupos de nenos/as máis maiores trataron tamén a importancia dos dereitos humanos. Por outra banda comezamos cos preparativos do Entroido decorando o comedor e facendo, nalgúns grupos, obradoiros de creación de coloridos antifaces e máscaras.