Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2018

Traballamos os sentidos

Imaxe
O grupo de 4º de primaria pasouno en grande ca súa caixa dos sentidos, na que traballaron  tanto o sentido do tacto coma o do olfato. Cos ollos tapados os nenos/as ían adiviñando o que lles tocaba  cheirar ou tocar.  A verdade é que acertaron bastante e o pasaron xenial. Por outra banda, outro grupo, de 1º de primaria, en pequenos grupos adestraron a memoria con dous xogos que nunca pasan de moda: un "memory" e un dominó, ambos xogos feitos con tarxetas con diversos debuxos. Aproveitaron tamén para aprender os nomes dos debuxos en inglés, en galego e en castelán.

De emoción en emoción

Imaxe
Nesta semá no grupo de tres anos coñeceron a historia de Oliver, un pequeno elefante que viaxa de nube en nube e sinte cousas diferentes en cada unha delas. Na de cor negro sinte medo e asústase; na azul non ten gañas de facer nada, bota de menos aos seus amigos e se pon triste; na vermella comézase a enfandar e xa na última (de cor amarela) está moi alegre e contento porque é unha nube fantástica.  A continuación, aproveitando a historia, cada neno/a pode lanzar un dado no que temos as catro nubes representadas, para identificar que emoción toca e poder expresar cousas que lle fan sentir así. Por outra banda, o grupo de 5º de primaria está preparando unha obra teatral que vos contaremos en breves. Ata pronto!