Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2018

Sementemos

Imaxe
Aínda que a semana comezou con bastante choiva, os pequenos e pequenas de 5 anos quixeron atraer a chegada do bo tempo plantando sementes nun envase de iogur para velas crecer en breve. Por outra banda o grupo de 5ºde primaria estivo a idear xogos relacionados coa natureza.

Creatividade a topeeeee

Imaxe
Boas, esta semana os nen@s de 4 anos estiveron moi creativos/as, experimentando con texturas, cores e formas diferentes. A súa imaxinación non ten fin e as súas aptitudes en expresión plástica son todo un mundo por descubrir. Por outra banda os rapaces e rapazas de 4º de primaria mostraron a súa parte máis comprometida co medio ambiente elaborando xogos con materiais reciclados. Desta maneira traballaron a paciencia, a concentración e unha creatividade enorme.

Xogos de mesa e teatro

Imaxe
Esta semana(5-11)os grupos de 3º e 6º de primaria estiveron a traballar cooperativamente . Por unha  banda o grupo de 3º de primaria traballou nun  libreto de micro teatro. ¡Esperemos ver algunha representación cedo! Por outra banda o grupo de 6º está  a desenvolver diferentes xogos de mesa,a cada cal máis divertido e interesante, é unha gozada ve-los traballar en grupo.

spring is coming!!

Imaxe
A semana do 26 ao 4 de Marzo os cativos e cativas de 3 anos puideron saír ao patio a desfrutar do xogo simbólico ca utilización das novas casiñas de xoguete. ¡ Desexamos que chegue pronto a primaveira!   Ademais seguiron traballando   "o amor" facendo tarxetiñas na que cada neno/a expresou o seu cariño por algún compañeiro/a.