Seguimos ca alimentación saudable
Continuamos cas actividades dirixidas a favorecer uns bos hábitos saudables de alimentación. No grupo de segundo de primaria fixeron un "Semáforo da Alimentación" co que puideron clasificar os alimentos segundo a inxesta recomendada. Para iso debuxaron no chan tres círculos de cores e utilizaron recortes cas imaxes da comida. Por outra banda, os máis pequechos e pequechas do comedor, elaboraron unha pirámide nutricional para ver,tamén, a variedade nos alimentos e a súa frecuencia.