Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2018

Ata pronto!

Imaxe
Nestes días é cando chegan os momentos das despedidas. Lle diremos adeus a un curso escolar do que nos quedamos cas experiencias compartidas, cas risas, cos xogos, ca amizade dos compañeiros e das compañeiras.... que van enchendo pouco a pouco os nosos corazóns de bos e marabillosos recordos. Recordos que nun futuro nos farán mirar atrás con nostalxia e ledicia. Toca a despedida dos nosos e nosas nenos/as máis maiores, do último curso de primaria, que comezarán unha nova etapa na súas vidas e tamén chega a despedida do ciclo  de infantil, no caso dos nenos/as de sexto desta etapa. Parece que foi onte cando chegaban ao cole.... Soamente nos queda dar a gracias por deixarnos acompañarvos nesta viaxe e... ata pronto!!!  Debuxos dos nenos e  nenas para participar na selección dos que formarán parte da futura axenda do servizo do comedor

Como se alimentan as plantas

Imaxe
A través da experimentación os nenos e nenas poden comprender diferentes procesos que acontecen ao noso arredor. Por iso nestes días  o grupo de catro anos estivo escollendo en asamblea, ca axuda de diversos libros de ciencias, algún experimento para levar a cabo nos vindeiros días. Concretamente trataremos o transporte da savia bruta nas plantas.  Ca axuda de auga coloreada (con colorante alimenticio), os nenos e nenas verán cómo a savia bruta é capaz de ascender ao longo dun talo de apio e podrán descubrir os fenómenos físicos que o fan posible: a capilaridade e a transpiración.