Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2021

BO ENTROIDO!!!

Imaxe
  Dende o comedor escolar do CEIP A Maía queremos desexarvos unhas boas vacacións de Entroido nestes tempos tan complicados, nos cales, intentamos poñer un pouquiño de cor e alegría para os nosos/as pequechos e pequechas. Vos deixamos algunha mostra dos traballos realizados. Os nenos e nenas realizaron de manera individual  diferentes máscaras ou adornos que ou ben se levaron para casa ou ben se foron colocando en diversos murais. Destacar que se fixo especialmente fincapé nas variadas tradicións galegas que, ainda que neste ano non se poidan levar a cabo, é importante ensinarllas as novas xeracións. Ata a volta!!!