Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2018

Coñecer é comprender

Imaxe
Resulta esencial romper con moitos dos mitos que rodean as persoas con TEA, por iso nesta semana os nenos e nenas de cuarto de primaria estiveron buscando información sobre este trastorno para despois poder debatir sobre o tema. Ademais coñeceron diversas maneiras de comunicación e a utilización dos pictogramas.

Contacontos e campañas de sensiblización

Imaxe
Durante este mes de Abril os nenos e nenas do grupo de sexto de infantil poden traer os seus contos favoritos, a partir dos cales organizamos variadas sesións de contacontos, xogos, debuxos e ,sobre, todo, compartimos experiencias cos demais. Pola súa banda, o grupo de terceiro de primaria está levando a cabo unha campaña de sensibilización seguindo o lema do Día Mundial de Concienciación sobre o autismo: "Rompamos xuntos as barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible".

Contos e música

Imaxe
No mes de Abril celebramos o día do libro, por iso, en moitos grupos, se está a traballar a importancia da lectura e o emocionante que resulta "viaxar" a diferentes aventuras a  través dos contos. Os nenos/as de 5º de infantil o pasaron en grande dramatizando a historia dos "Tres Porquiños" e pintando as súas casiñas. Pola súa banda o grupo de 2º de primaria estivo a falar do seus libros favoritos facendo variados debuxos que  os representaran. Para rematar tamén destacar que os máis peques de 4º de infantil estiveron bailando ao ritmo de diversos grupos musicais infantis e aproveitaron para ensaiar  o movemento das diferentes partes do corpo, o cal facilita a aprendizaxe do propio esquema corporal. Ata a vindeira semana!!!!

O noso xogo da Oca

Imaxe
Os nenos e nenas de 1º de primaria están traballando na elaboración do seu propio xogo da Oca nun orixinal tamaño para pasalo en grande en breve.