Os diferentes grupos do comedor do colexio "A Maía" , dende infantil a primaria, estiveron coñecendo a figura de Frida Kahlo a través de variadas actividades arredor da súa vida, do seu pensamento e da súa obra artística. Frida converteuse nunha das figuras femeninas máis importantes de México polo seu talento e a súa maneira crítica de ver o mundo e, través del, puidemos comprender diversas leccións de vida como perseguir os nosos sonos, non renderse a pesar dos problemas, loitar polas cousas nas que un cree.... Ademais sempre nos quedou tempo para xogar e comezar un mes de decembro cargados de ilusión ca chegada do Nadal.