Finalizamos ca temática da alimentación e arrancamos con outras novas
Nestes días os diferentes grupos foron rematando os obradoiros da alimentación saudable e comezaron a traballar novos temas cos nenos e nenas. O grupo de quinto de infantil fixo unha clasifiación dos aimentos, facendo unha división entre aqueles que se poden comer máis a miúdo e os que se deben consumir pouquiño. Pola súa banda sexto de primaria elaborou todo un menú semanal por grupos favorecendo así o traballo cooperativo. E xa, para ir cambiando de temática, ca entrada do novo mes, no grupo de quinto de primaria comezamos a falar e coñecer a histora de Frida Kahlo para, posteriormente, realizar variadas actividades arredor da súa obra e a pintura. Aquí vos deixamos as fotos, agardamos que vos gusten!