Finalizamos ca temática da alimentación e arrancamos con outras novas



Nestes días os diferentes grupos foron rematando os obradoiros da alimentación saudable e comezaron a traballar novos temas cos nenos e nenas.


O grupo de quinto de infantil fixo unha clasifiación dos aimentos, facendo unha división entre aqueles  que se poden comer máis a miúdo e os que se deben consumir pouquiño.

Pola súa banda sexto de primaria elaborou todo un menú semanal por grupos favorecendo así o traballo cooperativo.

E xa, para ir cambiando de temática, ca entrada do novo mes, no grupo de quinto de primaria comezamos a falar e coñecer a histora de Frida Kahlo para, posteriormente, realizar variadas actividades arredor da súa obra e a pintura.

Aquí vos deixamos as fotos, agardamos que vos gusten!












Comentarios

Publicacións populares deste blog

Despedidas!!!!!!!!

SEGUIMOS CA VIDA PIRATA E O DIA DA PAZ

PLANETAS E ASTRONOMÍA