Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2019

ARRANCAMOS NOVO CURSO!!!

Imaxe
Aquí estamos de novo neste novo curso escolar 2019-2020 cargados de ilusión e con moitas ganas de aprender. Despois de adaptarnos ao noso novo espazo de comedor , aprender as novas rutinas e interiorizar as normas básicas de convivencia comezamos a traballar un pouquiño variados contidos.   Os nosos e nosas pequechos/as de infantil estiveron coñecendo a técnica correcta do cepillado a través da práctica diaria e de variadas dinámicas, entre elas, fixeron un pequeno xogo de pistas no  que atoparon todos os pasos a seguir para lavar ben os dentes. Ademais, tamén tiveron tempo para realizar variados contacontos, entre eles, o monstro de cores. Por outra banda, en xeral en tódolos grupos, estiveron traballando a temática do samaín. Que teñades unha feliz ponte!!!