Traballamos os sentidos
O grupo de 4º de primaria pasouno en grande ca súa caixa dos sentidos, na que traballaron tanto o sentido do tacto coma o do olfato. Cos ollos tapados os nenos/as ían adiviñando o que lles tocaba cheirar ou tocar. A verdade é que acertaron bastante e o pasaron xenial.
Por outra banda, outro grupo, de 1º de primaria, en pequenos grupos adestraron a memoria con dous xogos que nunca pasan de moda: un "memory" e un dominó, ambos xogos feitos con tarxetas con diversos debuxos. Aproveitaron tamén para aprender os nomes dos debuxos en inglés, en galego e en castelán.



Comentarios
Publicar un comentario