De emoción en emoción
Nesta semá no grupo de tres anos coñeceron a historia de Oliver, un pequeno elefante que viaxa de nube en nube e sinte cousas diferentes en cada unha delas. Na de cor negro sinte medo e asústase; na azul non ten gañas de facer nada, bota de menos aos seus amigos e se pon triste; na vermella comézase a enfandar e xa na última (de cor amarela) está moi alegre e contento porque é unha nube fantástica.
A continuación, aproveitando a historia, cada neno/a pode lanzar un dado no que temos as catro nubes representadas, para identificar que emoción toca e poder expresar cousas que lle fan sentir así.
Por outra banda, o grupo de 5º de primaria está preparando unha obra teatral que vos contaremos en breves.
Ata pronto!


Comentarios
Publicar un comentario