Autoestima positiva
A través de diversas dinámicas e obradoiros podemos fomentar a adquisición dunha autoestima positiva nos nenos e nenas. Por iso, nestes días, o grupo de segundo de primaria, estivo traballando na elaboración de cuadros personalizados, para os que seguiron os seguintes pasos:
- Cada neno/a fixo un debuxo de sí mesmo/a nun folio.
-Cada debuxo foi pasando por varios compañeiros/as, de maneira que, deixaban plasmadas, por escrito, calidades positivas da persoa representada no folio.
- Cada folio foi adornado e pegado nun cartón a modo de cadro.
O resultado foi o seguinte:
Por outra banda o xogo da Oca do que falamos noutra das nosas entradas está resultando todo un éxito entre os nosos nenos e nenas:



Comentarios
Publicar un comentario