Aprendemos valores: a conservación do medio ambiente e a igualdade de xénero






Neste mes de Novembro todos os grupos estiveron traballando arredor da sensibilización sobre o consumo responsable e a conservación do medio ambiente. Por iso aprendemos a lei das tres R (reducir, reutilizar e reciclar), fixemos diversos obradoiros de refugallo e tomamos conciencia para o noso planeta e o ser humano de non tomar medidas. 

Máis concretamente os nenos e nenas dos grupos de infantil identificaron os diferentes tipos de contenedores e refugallos para saber clasificar o lixo.




Pola súa banda, nos grupos de primaria, elaboraron obras de arte con material de refugallo e xoguetes, plasmaron en diversos collages as consecuencias da contaminación no medio ambiente e desfrutaron con variadas dinámicas arredor da temática da reciclaxe.


Obras de arte de refugallo



Palos de choiva
Monumentos e xoguetes 


Collage da contaminación

Dinámicas para aprender a reciclar



Xoguetes con material de refugallo

Ademais tamén tomamos conciencia  da importancia de loitar contra a violencia de xénero. Para iso traballamos na importancia da igualdade e o grupo de 5º de primaria elaborou slogans que plasmou nunhas preciosas camisetas.



Carteis contra a violencia de xénero

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Despedidas!!!!!!!!

SEGUIMOS CA VIDA PIRATA E O DIA DA PAZ

PLANETAS E ASTRONOMÍA