Un mes cheo de experimentos

 

Ao longo do mes de Abril no comedor do C.E.I.P. A Maía levaránse a cabo diferentes experimentos en variados cursos, entre eles:

"O volcán"

Podemos ver a reacción do vinagre que é un ácido co bicarbonato ( o cal é unha base).




"Lámpara de lava"

Nun recipiente de cristal poñemos auga, colorante e aceite. Cando o aceite queda flotando na auga ( debido a diferencia de densidade) botamos un comprimido efervescente. As burbullas chocan co aceite e por iso suben e baixan.







"Lápices máxicos"

Atravesamos unha bolsa de plástico chea de auga con diversos lápices e grazas a presión que se exerce contra a superficie do lápiz a agua non sae polos buratos. 






 "Tornado nunha botella"

Collemos dúa botellas, unha chea de auga e outra baleira e as colocamos unha enriba da outra de maneira que se se axitamos a que ten auga o aire da botella inferior logra subir           ( pola presión do aire) e formase un efecto tornado.


"  Auga que non cae"

Collemos un vaso cheo de agua que colocamos enriba dun folio e increíblemente a auga non cae ( a presión atmosférica empuxa ao papel sobre a auga e hai máis presión fóra que dentro)



Espuma de cores

Formamos espuma grazas a reacción química do bicarbonato e o vinagre que forma dióxido de carbono.


Tinta na auga

Collemos a tinta dun bolígrafo a cal flota na auga e crea formas posto que é menos densa que ésta.


Clips na botella de plástico

Comprobamos como o clip baixa ao fondo ao apretar as paredes da botella e cando o soltamos sube. Ao apretar, a auga vai pola palla e comprime o aire que contén, e ao estar cheo de auga, é  máis pesado e cae.


 


Arcoiris de cores

Poñemos tres vasos con auga e colorante unidos entre eles por servilletas e podemos ver como a auga se move dun vaso a outro.



Lacasitos de cores

Mesturamos auga con lacasitos e vemos o efecto


Erupción 
Con cola e mentos  creamos unha erupción debido a unha reacción física  xa que ao engadir mentos a cola prodúcese unha rápida nucleación das burbullas de dióxido de carbono que se precitan fóra da solución


Leite máxica

Ao tocar os colorantes vertidos no leite con xabón líquido vemos como éstes se esparcen debido a que o leite contén grasa e xabón desengrasante. O experimento nos permite ver a tensión superficial







A flecha que cambia de dirección

Vemos o efecto óptimo da refracción grazas a un recipiente que enchemos de auga e un debuxo colocado detrás composto por flechas. 
A cuestión é que cando a luz pasa dun medio a outro refracta e tódolos raios se concentran no coñecido "punto focal" o que fai que a flecha se vexa en dirección contraria a cando o vaso está vacío.




O ovo saltarín
 Ao meter ovos en vinagre prodúcese unha reacción química que disolve a cáscara do ovo, facendo que entre en contacto coa clara. O ácido do vinagre desnaturaliza parte da cáscara facendo que a superficie quede grosa e " gomosa"



Os líquidos que non se mesturan

Xuntamos auga, aceite, mel e deterxente líquido dentro dun vaso transparente e podemos comprobar que os líquidos en vez de mesturarsse, vanse depositando en diferentes alturas. Isto é debido ás diferentes densidades dos líquidos polo cal algúns flotan e outros se afunden


Debuxo máxico na servilleta

Sumerximos unha servilleta dobre en auga e podemos ver como aparece o debuxo que tiñamos na parte traseira. É moi emocionante !!




Mariposa con electricidade estática

As alas dunha mariposa realizadas con papel de seda móvense ao acercar un globo (despois de frotalo cunha prenda) debido a carga da electricidade estática.


A nosa propia plastilina caseira e slime

Creamos con ingredentes naturais plastilina e slime, éste último é un fluído que non ten unha viscosidade definida, por iso, cando lle aplicamos moita presión compórtase como un sólido e no momento que deixamos de facelo vólvese líquido.







Ovo na botella

Introducimos un ovo nunha botella co poder da calor que desprende un misto dentro dela xa que o lume extrae o osíxeno e faise vacío.

Debuxos que bailan




A pementa que fuxe

Ensina aos nenos e nenas a importancia do lavado de mans e o uso do xabón no combate dos virus.

Enchemos un prato con auga e poñémoslle pementa. Os grans da especia son os "virus". Despois débese meter un dedo e ver que "os virus" se pegan.

Agora o dedo hai que mollalo con auga, poñerlle xabón e metelo  novamente en auga con pementa. É neste momento que " os virus" alónxanse e non quedan na pel.

"A importancia da máscara"

Comprobamos a importancia do uso da máscara para frear o contaxio dos virus.

Demostramos a súa utilidade pulverizando auga en diferentes tipos de máscaras e observando a posible filtración.

Por outra banda, a monitora demostrará que coa máscara posta, apagar unha vela é prácticamente imposible, para así concienciar da eficacia e uso da máscara.












Comentarios

Publicacións populares deste blog

Despedidas!!!!!!!!

SEGUIMOS CA VIDA PIRATA E O DIA DA PAZ

PLANETAS E ASTRONOMÍA